mércores, 29 de abril de 2020

BENVIDAS E BENVIDOS


Este blog nace en circunstancias moi excepcionais. Un virus que se espalla polo mundo obríganos a estar nas nosas casas. Polo ben da nosa saúde aínda non podemos volver á escola pero si abrir pequenas ventás para comunicarnos. Esta é unha xanela a través da que compartir, eu con vós e vós comigo. 
Bótovos de menos e estou desexando vervos para darvos unha aperta enorme. 
Acórdome moito de vós💗