luns, 18 de maio de 2020

Remate do experimento

 Se fixestes o experimento do xermolado de lentellas seguro que vistes cambios importantes...
Esta foi a evolución das miñas lentellas:




Agora que xa medraron podemos diferenciar claramente as partes da planta.


E que aconteceu coas lentellas que xermolaron dentro da caixa e non recibiron luz do sol? 

Medraron igual cás outras pero a súa cor é moi diferente: branca ou amarela moi pálida.

Por que pasa isto?

As plantas teñen un pigmento chamado CLOROFILA que se activa cando reciben a luz solar, dándolles a súa cor verde tan característica. Se as privamos de luz poden medrar pero non activar a clorofila e adquirir a cor verde. 

E agora que xa rematamos o experimento, que podemos facer coas lentellas?
Se tedes unha maceta podedes pasalas á terra e coidalas, así podedes seguir vendo a súa evolución.

Agardo que vos gustase realizar este experimento, a min deixoume abraiada!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Queres comentar algo?Anímate!