mércores, 10 de xuño de 2020

NOVO VÍDEO: A MÁQUINA DE SUMAR

Queredes facer a vosa propia máquina de sumar? É moi sinxelo! 
Mirade este vídeo. 

sábado, 30 de maio de 2020

Adiviña para a fin de semana

Para esta fin de semana pensei esta adiviña. Sabedes de quen se trata?



xoves, 21 de maio de 2020

Xogo de cartas: imos dar un paseo

Xogar ás cartas é moi divertido! Afianzamos os números, melloramos a nosa agudeza, o razoamento... Desta volta comparto con vós estas cartas de plantas e árbores.

Materiais II: imos dar un paseo

Comparto con vós este material que elaborei para complementar a actividade de dar un paseo. Podedes descargalo clicando na esquina superior dereita.

Novo vídeo: imos dar un paseo



Nestes tempos agradecemos máis ca nunca poder saír a dar un paseo e estar en contacto coa natureza. Hoxe quero compartir con vós algo moi especial: un paseo diferente!

luns, 18 de maio de 2020

Remate do experimento

 Se fixestes o experimento do xermolado de lentellas seguro que vistes cambios importantes...
Esta foi a evolución das miñas lentellas:

sábado, 16 de maio de 2020

Adiviña para a fin de semana.

Comparto con vós esta adiviña. Escoitade o audio. Sabedes quen é?