xoves, 21 de maio de 2020

Xogo de cartas: imos dar un paseo

Xogar ás cartas é moi divertido! Afianzamos os números, melloramos a nosa agudeza, o razoamento... Desta volta comparto con vós estas cartas de plantas e árbores.

Están numeradas ata o número 14 e conta con dous comodíns.

A QUE PODEMOS XOGAR COAS CARTAS?

1. RECTA NUMÉRICA. Poñemos todas as cartas boca a riba na mesa. Ordenámolas de maior a menor ou de maior a menor. Tamén podemos escoller e ordenar contando de dous en dous (a carta co número 2, 4, 6, 8...).

2. NOMES. repartimos as cartas entre os xogadores. Ímoslle ensinando de unha en unha as nosas cartas ao outra xogadora ou xogador, ocultando o nome. Se acerta é a súa quenda. E así sucesivamente. Gaña quen remate as cartas.

3. NOMES E ESCRITURA. Poñemos as cartas boca abaixo. Cada xogador ou xogadora vai sacando unha. Míraa durante 6 segundos, volve a poñela boca abaixo e intenta escribir o nome da planta ou árbore que lle tocou. 

4. Podemos xogar ao "CINQUILLO". Repartimos as cartas entre os xogadores. Comeza un xogador sacando a carta que desexe boca arriba. Fixámosnos no número. Se temos o anterior ou posterior poñemos a nosa carta. Se non o temos pasamos. Gaña quen remate primeiro as cartas que ten na man. 
Por exemplo: se eu saco a carta co número 2, a outra persoa só pode poñer a carta que teña o número 1 ou o 3. 

5. "BURRO CONTADO". Repartimos as cartas entre os xogadores. Por quendas teñen que ir poñendo as cartas sobre a mesa dicindo a orde dos números ata o 14 (un, dous, tres, catro, cinco, seis, sete...). Se a xogadora ou xogador bota a carta que ten o mesmo número que o que está a dicir (di o número cinco e a carta ten o número cinco) debe recoller todas as cartas que haxa sobre a mesa, incluídas as dos demais xogadores. Se outro xogador ou xogadora non se dou conta e xa puxo por riba as súas cartas debe recollelas el ou ela. Gaña quen remate primeiro as cartas que ten na man. Para darlle emoción hai que facelo o máis rápido que se poida.

6. XOGO DE MEMORIA. Poñemos todas as cartas boca abaixo. Ímoslle dando a volta para atopar as parellas.

*O COMODÍN serve para substituír a calquera número nos xogos.

 Para que as cartas sexan máis resistentes podedes pegalas a unha cartolina ou cartón.
Podedes inventar todos os xogos que queirades!
Agardo que vos guste.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Queres comentar algo?Anímate!