xoves, 21 de maio de 2020

Novo vídeo: imos dar un paseo



Nestes tempos agradecemos máis ca nunca poder saír a dar un paseo e estar en contacto coa natureza. Hoxe quero compartir con vós algo moi especial: un paseo diferente!



Somos moi afortunadas e afortunados de poder saír nestes tempos tan difíciles. A partir de agora podemos facer un pequeno esforzo para apreciar todo o que nos rodea e coñecelo un pouco mellor. Os nosos paseos poden ser moi especiais!

O paseo do río Anllóns de Carballo é unha auténtica delicia. Alí poderedes atopar moitas das árbores e plantas que vos amoso neste vídeo. Só tedes que fixarvos nas cores, na forma... e ser moi boas observadoras e observadores!

Se tedes a oportunidade de pasear coa vosa familia, aproveitade e desfrutade moito destes grandes praceres que nos ofrece a natureza. 

Iso si, lembrade tomar todas as precaucións que recomendan as autoridades 😉



Na seguinte entrada atoparedes materiais descargables de lectura, escritura, lóxica e matemáticas. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Queres comentar algo?Anímate!