sábado, 2 de maio de 2020

Experimento: xermolamos lentellas


Ola! Hoxe propóñovos un experimento moi sinxelo. Estou segura de que vos vai gustar.
Isto é o que precisades:


  • unhas poucas lentellas
  • dous botes (poden ser de iogur)
  • un chisco de auga
  • unha caixa de cartón
  • algodón
Primeiro repartimos o algodón entre os dous botes. Botamos un chisquiño de auga sobre o algodón para humedecelo. Esparexemos unhas poucas lentellas dentro de cada bote. 

Un dos botes metémolo dentro da caixa. O outro deixámolo fóra para que reciba luz do sol. 

Imos observando día a día o que acontece durante aproximadamente 15 días. As follas de rexistro que podedes imprimir poden servos moi útiles! Ide anotando todo. Aquí tedes un vídeo co paso a paso:



Xa me contaredes o que acontece!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Queres comentar algo?Anímate!