martes, 12 de maio de 2020

Semana das Letras Galegas 2020

Este domingo 17 de maio celébrase o Día das Letras Galegas. Desta vez o homenaxeado é Ricardo Carvalho Calero. El foi un gran estudoso da nosa lingua e vós tamén podedes comezar a pescudar. Para iso propóñovos esta actividade.


Ao longo da semana imos ir investigando diferentes palabras na nosa lingua. Podedes crear o voso propio caderno de palabras (pódese descargar máis abaixo).

Hoxe comezamos polo NOME DOS ANIMAIS en galego.
Saberiades dicir como se chaman os que aparecen na imaxe? Pensade...
...
Comprobade se acertastes escoitando o audio.


Aquí podedes descargar o voso caderno para ir completándoo ao longo da semana. Está pensado para ser impreso a dobre cara e dobralo.
Sodes quen de poñer os nomes en maiúscula?  Se é moi difícil, podedes pedirlle á vosa familia que vos poña tres ou máis letras de cada palabra e completar vós o resto. Podedes tamén repasar as minúsculas para practicalas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Queres comentar algo?Anímate!